17.11.05

a volta...celebrámola con percebes

nunca sabes como, cando e onde apareceras de novo... A inconstancia sempre foi unha das miñas principais apostas, a risco de que alguén a confunda co desinterese.
Sabias que os percebeiros de Lira non foron hoxe a apañar percebes por que ónte llos pagaron a só 87 euros o quilo?... Preto, en Aguiño, andaban ben contentos,,, ali chegaron ós 130 eurazos por quilo de manxar..
Se tes antoxo deles.. se deveces por pringarte en percebes... hoxe ED descubriu Lonxanet.com.
As propias confrarias escollen o produto, envasano e levancho a casa.. a un prezo... razoable?
Depende de como alimentes os caprichos claro...
Lonxanet.com mariscos galegos de calidade a domicilio
Estan fisicamente na Coruña
Se algun día vas por Lira pregunta por Milucho... Págalle un cafe e abre moito a cabeza... da gusto oílo falar!!

11.5.05

traballades coma chinos!

Levan oito meses fora da súa casa, sen ver a súa familia, ós seus amigos... sen bicar a ninguén sen sair de marcha, sen estar completamente sós. E malia todo sorrín en canto chegas e poñen todo da súa parte para que o que se vexa quede estupendo. Son os membros do Circo Nacional Chinés que está en Culleredo A Coruña.
Quedáronlle ganas de volver a Galicia despois da súa visita a Vigo a tempada pasada. Enchen en todo o mundo pero aqui non saben que pasa que a cousa non vai. Son absolutamente abraiantes tódolos números, todo o espectáculo que os rodea, a posta en escena...
Pero é caro. Isto non é Madrid nin Barcelona, nin Santander ou Victoria. O que alí son prezos mais ou menos normais, aqui son ben altos. Será por que temos unha das rendas máis baixas do Estado? Entenderon axiña...
Circo Nacional Chinés Culleredo A Coruña saída O burgo A9
Ata o 24 de Abril. prezos entre 23 e 40 euros. Descontos varios infórmate
Se podes non te vas arrepentir. E ademáis son encantadores!!

10.5.05

sarandon... ( e todos acabamos cantando a de lolita )

Imaxina chegar a unha carballeira e atopar ó cura enriba dun palco e a cada lado dúas inmensas botas de viño, das que todo o mundo bebe sen preocuparse do que acontece o seu redor. O cura estaba dando a misa pero pouco viño consagrado ía hoxe repartir. Alí prefiren o da denominación de orixe: Rias Baixas . Si, aqui, no Ulla. Próbao e logo opinas, mesmo teñen un tinto con mencia dentro da denominación. Xunta a un grupo de amigos, hoxe topamos un que estaba "celebrando" unha despedida e vai con roupa vella. No serán é máis que probable que remates algo humedecido... polo viño. E se podes que che explique o director das destilerias galegas a súa teoría sobre os peitos voluptuosos das mulleres cando se achegan a beber da bota. A nós contouna hoxe pola tele e non ten perda. Mañá imos ó circo...chinés
Festa do Viño da Ulla San Miguel de Sarandón Vedra A Coruña
xente nova en grupos
moita xente se vai bo día
os palcos do campo da festa son espectáculares..pero queren tiralos. A ver se os restauran

12.4.05

3800 euros más IVA por durmir?

Por durmir e por poder berrarlle a todo o mundo que es o inquilino por unha noite da suite real do pazo los escudos que hoxe fumos ver a Vigo. Se non es tan especial e confórmaste cunha das 55 habitacións normais, gozarás o mesmo e pagaras so 200 euros. Menos da metade se vas antes do verán que están en promoción. Incrible o coidado co que restauraron o pazo, a historia qeu éste ten detrás cos cento e pico escudos dunha arruinada familia viguesa, os detalles do edificio máis moderno ( ollo ás lámpadas da entrada ) ou a suxestión que provoca a mestura de xardín e paisaxe... Se non vas durmir pasa polo menos a tomar café e verás o que é tan complicado de contar coas palabras.
Hotel Pazo Os Escudos ***** chegando a Samil Vigo
Ata o verán están en promoción. Cóntacha Ruth a xefa comercial
Ata o 2006 xa teñen o salón ocupado con bbc´s e actos d empresa