10.5.05

sarandon... ( e todos acabamos cantando a de lolita )

Imaxina chegar a unha carballeira e atopar ó cura enriba dun palco e a cada lado dúas inmensas botas de viño, das que todo o mundo bebe sen preocuparse do que acontece o seu redor. O cura estaba dando a misa pero pouco viño consagrado ía hoxe repartir. Alí prefiren o da denominación de orixe: Rias Baixas . Si, aqui, no Ulla. Próbao e logo opinas, mesmo teñen un tinto con mencia dentro da denominación. Xunta a un grupo de amigos, hoxe topamos un que estaba "celebrando" unha despedida e vai con roupa vella. No serán é máis que probable que remates algo humedecido... polo viño. E se podes que che explique o director das destilerias galegas a súa teoría sobre os peitos voluptuosos das mulleres cando se achegan a beber da bota. A nós contouna hoxe pola tele e non ten perda. Mañá imos ó circo...chinés
Festa do Viño da Ulla San Miguel de Sarandón Vedra A Coruña
xente nova en grupos
moita xente se vai bo día
os palcos do campo da festa son espectáculares..pero queren tiralos. A ver se os restauran

No hay comentarios: