estabamos a piques de probar a raia...
e vai Rocio Jurado e nos corta o rollo. Non sei se por ela ou por quen, o caso é que vos quedastes sen ver os deliciosos pratos que nos prepararon no concurso de receitas de raia en Portonovo. Foi na Casa Vella en Portonovo, Sanxenxo ( aínda que seguro que en pantalla poñerian Sangenjo jó ) Ah! e sen ver de preto unha raia de seis quilos!!..eu pensaba que era das grandes pero por alí aseguraban que era un exemplar normaliño! Por certo que se algún día colledes unha raia, utilizade luvas que pica a Dios!. E si, estou de volta... a ver si esta é a definitiva
Festa da Raia en Portonovo
Venres Sabado e Domingo na carpa ao lado do peirao
Probade a raia que aseguro que é unha delicia
E non vos cabreedes polo moito que están construindo! Contan que ese é o desenvolvemento... por certo... lembrame a certa vila do Sur.. jaja
6.4.06
17.11.05
a volta...celebrámola con percebes
nunca sabes como, cando e onde apareceras de novo... A inconstancia sempre foi unha das miñas principais apostas, a risco de que alguén a confunda co desinterese.
Sabias que os percebeiros de Lira non foron hoxe a apañar percebes por que ónte llos pagaron a só 87 euros o quilo?... Preto, en Aguiño, andaban ben contentos,,, ali chegaron ós 130 eurazos por quilo de manxar..
Se tes antoxo deles.. se deveces por pringarte en percebes... hoxe ED descubriu Lonxanet.com.
As propias confrarias escollen o produto, envasano e levancho a casa.. a un prezo... razoable?
Depende de como alimentes os caprichos claro...
Lonxanet.com mariscos galegos de calidade a domicilio
Estan fisicamente na Coruña
Se algun día vas por Lira pregunta por Milucho... Págalle un cafe e abre moito a cabeza... da gusto oílo falar!!

11.5.05
traballades coma chinos!
Levan oito meses fora da súa casa, sen ver a súa familia, ós seus amigos... sen bicar a ninguén sen sair de marcha, sen estar completamente sós. E malia todo sorrín en canto chegas e poñen todo da súa parte para que o que se vexa quede estupendo. Son os membros do Circo Nacional Chinés que está en Culleredo A Coruña.
Quedáronlle ganas de volver a Galicia despois da súa visita a Vigo a tempada pasada. Enchen en todo o mundo pero aqui non saben que pasa que a cousa non vai. Son absolutamente abraiantes tódolos números, todo o espectáculo que os rodea, a posta en escena...
Pero é caro. Isto non é Madrid nin Barcelona, nin Santander ou Victoria. O que alí son prezos mais ou menos normais, aqui son ben altos. Será por que temos unha das rendas máis baixas do Estado? Entenderon axiña...
Circo Nacional Chinés Culleredo A Coruña saída O burgo A9
Ata o 24 de Abril. prezos entre 23 e 40 euros. Descontos varios infórmate
Se podes non te vas arrepentir. E ademáis son encantadores!!

10.5.05
sarandon... ( e todos acabamos cantando a de lolita )
Imaxina chegar a unha carballeira e atopar ó cura enriba dun palco e a cada lado dúas inmensas botas de viño, das que todo o mundo bebe sen preocuparse do que acontece o seu redor. O cura estaba dando a misa pero pouco viño consagrado ía hoxe repartir. Alí prefiren o da denominación de orixe: Rias Baixas . Si, aqui, no Ulla. Próbao e logo opinas, mesmo teñen un tinto con mencia dentro da denominación. Xunta a un grupo de amigos, hoxe topamos un que estaba "celebrando" unha despedida e vai con roupa vella. No serán é máis que probable que remates algo humedecido... polo viño. E se podes que che explique o director das destilerias galegas a súa teoría sobre os peitos voluptuosos das mulleres cando se achegan a beber da bota. A nós contouna hoxe pola tele e non ten perda. Mañá imos ó circo...chinés
Festa do Viño da Ulla San Miguel de Sarandón Vedra A Coruña
xente nova en grupos
moita xente se vai bo día
os palcos do campo da festa son espectáculares..pero queren tiralos. A ver se os restauran
Festa do Viño da Ulla San Miguel de Sarandón Vedra A Coruña
xente nova en grupos
moita xente se vai bo día
os palcos do campo da festa son espectáculares..pero queren tiralos. A ver se os restauran
12.4.05
3800 euros más IVA por durmir?
Por durmir e por poder berrarlle a todo o mundo que es o inquilino por unha noite da suite real do pazo los escudos que hoxe fumos ver a Vigo. Se non es tan especial e confórmaste cunha das 55 habitacións normais, gozarás o mesmo e pagaras so 200 euros. Menos da metade se vas antes do verán que están en promoción. Incrible o coidado co que restauraron o pazo, a historia qeu éste ten detrás cos cento e pico escudos dunha arruinada familia viguesa, os detalles do edificio máis moderno ( ollo ás lámpadas da entrada ) ou a suxestión que provoca a mestura de xardín e paisaxe... Se non vas durmir pasa polo menos a tomar café e verás o que é tan complicado de contar coas palabras.
Hotel Pazo Os Escudos ***** chegando a Samil Vigo
Ata o verán están en promoción. Cóntacha Ruth a xefa comercial
Ata o 2006 xa teñen o salón ocupado con bbc´s e actos d empresa
Hotel Pazo Os Escudos ***** chegando a Samil Vigo
Ata o verán están en promoción. Cóntacha Ruth a xefa comercial
Ata o 2006 xa teñen o salón ocupado con bbc´s e actos d empresa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)